Linwind – De Windows a Linux

Acer ofrecerá un Netbook con Chrome OS

Escrito en: Google, Linux o día 14 Maio 2010

Acer ofrecerá un Netbook con Chrome OS

O sistema operativo de Google parece que xa ten pretendentes oficiais. Concibido como un sistema operativo na nube, lixeiro, rápido, sinxelo e orientado a dispositivos portátiles, Google Chrome OS é o primeiro en reunir todas estas características.

Aínda se atopa en desenvolvemento, pero Acer parece interesada en que os seus próximos netbooks inclúan unha versión deste sistema operativo. Non se anunciaron nin características técnicas dos equipos, nin prezos, nin se convivirá con outro sistema operativo. Tras as novidades presentadas por Ubuntu e orientadas á “web ao instante”, Chrome OS terá un duro competidor a nivel de netbooks.

chrome OS

De todos os xeitos se consegue conquistar os netbook Acer, uns dos máis estendidos no mercado, Google consolidaríase firmemente no mercado móbil xunto con Android .

Vía despuedegoogle

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.