Linwind – De Windows a Linux

Bloom Box: Xerador de enerxía doméstico.

Escrito en: Electrónica, Hardware, Tecnoloxia o día 23 Febreiro 2010

Bloom Box: Generador de energía doméstico.

Bloom Box é un sistema creado pola compañía Bloom Energy que actualmente xa usan compañías como Google ou eBay, e que afirman que pese ao custo de implantación xa están aforrando diñeiro en enerxía. Trátase dun pequeno dispositivo con forma de caixa formado por celas de combustible (placas catalíticas que funcionan con diversos combustibles, desde biomasa a gas) que en combinación con osíxeno proporciona unha fonte de enerxía barata, limpa e renovable. Do seu funcionamento só obtense electricidade, dióxido de carbono e auga. Respecto ao funcionamento en si non quixeron desvelar nada, suponse que por medo ao plaxio.

bloom box

Para funcionar precisa dunha estrutura maior, pero en conxunto o seu tamaño non supera ao dunha caldeira de gas, polo que se pode introducir facilmente nunha casa. Cunha soa destas caixas pódese obter enerxía eléctrica suficiente para manter un fogar medio europeo (con dous chegan para unha casa americana). Cada equipo completo costa uns 700.000$, pero se prevee que nun período de entre 5 e 10 anos estean dispoñibles para o uso doméstico por uns 3000$.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.