Linwind – De Windows a Linux

Chatroulette, un fenómeno sen control

Escrito en: Seguridade, webs o día 16 Febreiro 2010

Chatroulette, un fenómeno sin control

Non sei se algunha vez entrastes en Chatroulette , trátase dunha páxina web que esta comezando a ser un fenómeno social pero ten un grave problema, non ten control ningún e o que se pode ver aí non é apto para todos os gustos e se es un menor de idade, directamente, non entres. A principal idea da web é pór en contacto ás persoas de forma aleatoria, só necesitas unha cam e un micrófono, ata aí a idea está ben, o problema atopámonolo en que non hai control ningún, non fai falta rexistro nin ningún tipo de dato, de forma que un menor pode atoparse cun home cincuentón sen ningún tipo de vergoña(creo que todos sabedes a que me refiro) ou outras cousas que realmente custa imaxinar.

A parte boa desta rede é que do mesmo xeito que atopas cousas malas pódeschas atopar boas, o malo é que cada vez queda menos disto último. Que sucederá con esta web? Onte lin un artigo bastante interesante sobre esta páxina web en ALT1040 onde trataban este mesmo tema e deixaban caer que o proxecto terminaría no gran caixón dos desastres.

la red

O éxito desta páxina web atópase na súa simplicidad e a curiosidade da xente, pero dubido moito que siga crecendo este fenómeno deixando o proxecto á deriva como está actualmente. ¿Cal é a vosa opinión acerca deste proxecto?

Clic aquí para ayuda.

Unha resposta to “Chatroulette, un fenómeno sen control”


Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.