Linwind – De Windows a Linux

Chrome OS con capacidade para imprimir ficheiros.

Escrito en: Cloud computing, Google, Linux, Navegadores o día 16 Abril 2010

Chrome OS: soporte para impresoras

Unha das principais desvantaxes que se lle achacaba a Chrome OS ,o sistema operativo de Google , era a reducida compatibilidade de hardware que presentaba. Concibido como un sistema operativo na nube e orientado sobre todo a dispositivos portátiles como netbooks e tablets, aposta fortemente por incluír o mínimo posible, integrando todo no navegador.

Google Cloud Print é un proxecto para dotar ao Chrome OS da capacidade de imprimir calquera arquivo. O sistema de funcionamento é sinxelo: a través do teu dispositivo indicaraslle a Cloud Print o que queres imprimir, e el encargarase de porse en contacto coa impresora e dicirlle o que ten que imprimir. Deste xeito non se necesitan drivers.

O problema agora é conseguir unha comunicación das impresoras co servizo Cloud Print. Hai dúas solucións posibles: que se fabriquen impresoras que directamente se poidan conectar a internet e comunicarse con Cloud Print, ou distribuír un software que se instalará no computador ao que está conectada a impresora. A información transmitiríase a este a través de internet e encargaríase de imprimila.

Vía TechCrunch

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.