Linwind – De Windows a Linux

Comparar varios documentos.

Escrito en: Utilidades, webs o día 4 Novembro 2009

Comparar varios documentos.

En moitas ocasións podémonos xuntar con varios documentos do mesmo, a min ocórreme que ás veces gardo no Lapid USB un ficheiro e outro no equipo, fago modificacións nalgún deles e logo non me acordo de cal é a última versión, ou ata se temos varios traballos sobre un mesmo contido sería bo poder comparalos para saber cal é o que máis nos gusta.

Comparemydocs é unha páxina web onde poderás subir ata 6 ficheiros simultaneamente e comparalos entre eles, unha ferramenta que che sinalará as diferenzas e axilizarache este traballo.

comparar documentos

Entra a CompareMyDocs e proba esta versión, tamén podes ler o artigo CompareMyDocs.com ? Compara o contido de documentos que escribiron en wwwhatsnew acerca desta páxina web.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.