Linwind – De Windows a Linux

Conectar iPhone ou iPod Touch en Ubuntu

Escrito en: Linux o día 30 Setembro 2009

Conectar iPhone o iPod Touch en Ubuntu

iFuse é unha aplicación que nos permitirá conectar o noso iPhone ou iPod Touch en Ubuntu de forma sinxela e sen necesidade de instalar aplicación ningunha no iPhone ou iPod.

iFuse fai uso dun protocolo nativo de apple chamado AFC mediante a libraría libphone grazas á cal poderemos montar o sistema de arquivos para copiar mover e traballar cos ficheiros almacenados no aparatiño.

iphone_ifuse

Para instalalo o primeiro que teremos que facer é engadilo aos repositorios para iso poremos na linea de comandos o seguinte:

  • sudo gedit /etc/apt/sources.list

Unha vez que se che abra o editor pon ao final do ficheiro as seguintes dúas lineas

  • deb http://ppa.launchpad.net/jonabeck/ppa/ubuntu (karmic,jaunty,intrepid) main
  • deb-src http://ppa.launchpad.net/jonabeck/ppa/ubuntu (karmic,jaunty,intrepid) main

Seleccionamos a versión do noso Ubuntu (o que está en vermello quitando os parentesis), gardamos e en linea de comandos escribimos o seguinte:

  • sudo apt-key adv –recv-keys –keyserver keyserver.ubuntu.com F0876AC9

Finalmente actualizamos e instalamos:

  • sudo apt-get update
  • sudo apt-get install ifuse

Unha vez termine a instalación xa estará listo para traballar cos ficheiros do teu iPhone ou iPod Touch

Vía: OcioLinux

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.