Linwind – De Windows a Linux

Crear CSS sprites

Escrito en: Programación, webs o día 23 Xaneiro 2010

Crear CSS sprites

Sabemos que unha das mellores para optimizar unha páxina web é reducir as peticións que fai ao servidor, crear un sprite de imaxes é unha das opcións ás que se esta recorrendo ultimamente para reducir isto. Cando falamos de crear un sprite de imaxes estamos falando de unilas todas nunha única imaxe de forma que só teñamos que realizar unha petición, o problema vén despois, ¿cómo mostramos cada unha das imaxes se as temos todas xuntas? CSS dános unha solución a este problema, trátase de propiedade background-position xunto con height e width, poderemos ir indicarlle a posición e despois a altura e o ancho que queremos abarcar con height e width.

Aínda que o rendemento da web mellora considerablemente facer isto leva moito tempo polo que en moitas ocasións non compensa, agora grazas á páxina web CSS Sprites poderás facilitar moito esta tarefa, só teremos que seleccionar as imaxes que queremos unir e despois o programa automaticamente indícanos a súa posición e as súas medidas en CSS.

CSS  sprites

Aínda que non o creades esta técnica vén xa de fai uns cantos anos dos xogos en 2D onde se usaban os sprites de imaxes do personaxe para xerar os movementos.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.