Linwind – De Windows a Linux

Crear fotos panorámicas a partir de varias fotos.

Escrito en: Software, Utilidades o día 1 Agosto 2009

Crear fotos panorámicas a partir de varias fotos.

As fotografías panorámicas é a mellor forma de ver calquera paisaxe se non tes a posibilidade de velo en persoa, as imaxes panorámicas dannos unha visión moito máis ampla da que nos dá calquera fotografía normal. Para obter unha fotografía panorámica non fai falta ter ningunha cámara especial, podemos crealas a partir de varias imaxes e aplicacións como por exemplo Hugin.

Hugin é unha sinxela aplicación de código aberto e multiplataforma que nos permite a partir de dúas fotografías normais buscar os patróns en común de ambas fotografías e crear unha imaxe panorámica uníndoas.

O resultado final, sería o seguinte:

panoramica

O que estades vendo é unha panorámica que construín a partir de dúas imaxes que saquei desde a fiestra da miña habitación, como vedes por Galicia
non
fai moito sol que digamos….

Hugin é moi sinxelo de utilizar, en primeiro lugar cargamos as imaxes, despois pulsamos en alinear, tarda uns segundos mentres busca os puntos de control e despois só temos que pulsar en crear panorámica.

Hugin Crear panoramicas

Podes descargar Hugin para Linux Mac OS e Windows

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.