Debian Lenny 5.0
Escrito en: Linux o día 16 Febreiro 2009
Debian Lenny 5.0
O Proxecto Debian lanzou oficialmente Debian 5.0 Lenny. Como seguramente xa coñecedes, Debian é unha distribución de GNU/Linux , un sistema operativo libre. Nesta última versión inclúe as contornas de escritorio máis coñecidos, KDE, GNOME, Xfce e LXDE.

Como é lóxico as melloras que nos ofrece esta versión respecto da anterior son moitas e bastante variadas, xeneralizando podemos dicir que, maior facilidade á hora de configurar o hardware, maior seguridade dentro do S.O., maior soporte para outros idiomas que non sexan o Ingles, melloras na instalación, maior soporte de hardware, etc .
Esta versión inclúe unha gran cantidade de paquetes de programas actualizados como: o escritorio GNUstep, X.Org , OpenOffice.org , GIMP , Iceweasel, Icedove , PostgreSQL , MySQL , GCC, o núcleo de Linux versión 2.6.26, Apache, Samba , Python, Perl, PHP, Asterisk, Emacs 22, Inkscape, Nagios, Xen Hypervisor, OpenJDK 6b11 e máis doutros 23.000 paquetes de programas listos para usarse (contruídos a partir de 12.000 paquetes fonte).
Como vedes unha distribución moi completa que podes descargar dende a web oficial: Debian
Máis información: Debian.org
Relacionadas:
- Como Instalar Debian
- Historial, Manual e FAQ de Debian.
- Knoppix 6.0 liberado.
- ¿Quén é Ian Murdock?
- Debianpackagemaker, Un simple e sinxelo creador de paquetes .deb (Debian)
- Explicando os paquetes de Debian.
- Instalar VirtualBox 2.0 en Windows, Ubuntu, Debian, Mac VOS X …
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






