Linwind – De Windows a Linux

Dispoñible WifiWay 1.0 live cd e modulo netbooks.

Escrito en: Redes, Seguridade, Wifi o día 28 Agosto 2009

Descargar WifiWay 1.0 live cd y modulo netbooks.

WifiWay 1.0 podemos dicir que se trata da sucesora de WifiSlax 3.1, de feito pertence a Hwagm creador tamén de WifiSlax. WifiWay é unha das ferramentas preferidas polos amantes da baixa seguridade que atopamos nas redes WiFi. En WifiSlax tiñamos como basee a distribución Slax, pero WifiWay non está baseada en ningunha distribución, ademais incorpora os novos drivers e ferramentas para realizar auditorias inalambricas.

A distribución pesa algo menos de 700 MB con KDE e Fluxbox como contornas de escritorio que poderemos iniciar con startx (KDE) ou flux para iniciar con Fluxbox. O que máis utilizaremos desta distribución:

Modo monitor -> airmon-ng start

Inxección -> aireplay-ng -9 cos dispositivos Familia ieee80211, Ralink USB rt2570, Ralink PCI rt2500, Ralink USB rt73, Atheros madwifi-hal, Intel prol wireless ipw2200, Realtek r8187, Intel prol wireless 3945, Familia mac80211, Zydas zd1211rw-mac80211
Intel prol wireless iwlagn, Intel prol wireless iwl3945, Broadcom b43 e b43legacy, ……

Navegación -> Firefox 2.0.0.18 con plugins como noscript, ShowIP, DOM Inspector

Tratamento WPA (BETA) -> airdecloak-ng e Tkiptun-ng.

Tratamento de cifrado -> airoscript, wlaninject, wifizoo 1.3, wireshark, airpwn, hamster & ferret

Resto aplicacións -> Principalmente para redes Wifi pero atoparás unha distribución moi completa.

Descargar WifiWay Final

Descargar Live CD WifiWay
Descargar WifiWay para NetBooks

Podemos atopar máis información adicional en WifiWay 1.0

Clic aquí para ayuda.

4 respostas to “Dispoñible WifiWay 1.0 live cd e modulo netbooks.”





Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.