Dispoñible para descargar Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot
Escrito en: Linux, Novas o día 13 Outubro 2011
Disponible para descargar Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot
Como xa comentei o outro día no artigoAchégase o lanzamento de Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot hoxe día 13 de Outubro de 2011 viu a luz a última versión de Ubuntu. Trátase dunha das distribucións Linux máis coñecidas, por non dicir a máis coñecida e gran parte do seu éxito débese a intentar ofrecer un sistema operativo intuitivo e sinxelo.
Nesta última versión 11.10 chamada Oneiric Ocelot intentouse máis do mesmo, buscar a sinxeleza para o usuario menos habituado.
Como novidades máis interesantes tal e como comentei o outro día atoparémonos con que LightDM substituirá a GDM para permitir unha maior fluidez no seu uso e ademais achega sinxeleza aos desarrolladores de temas para o xa que se basea en HTML, CSS e Javascript. Tamén nos atoparemos cunha maior integración das aplicacións co lanzador de Unity.

En Ubuntu 11.10 atoparémonos coas novas versións de Firefox, Thunderbird, LibreOffice, Shotwell e Gwibber aínda que o cambio máis relevante neste aspecto é o centro de software que incorpora unha maior velocidade de carga, iconas máis grandes das aplicacións que facilitará o seu uso en dispositivos táctiles e poderanse instalar aplicacións e desinstalar aínda que non esteas conectado a Internet grazas a unha cola que se executará cando che conectes á túa unha linea de datos.
Se nunca probaches Ubuntu nesta ocasión podes entrar a unha páxina que crearon chamada Tour Ubuntu e que nos ofrecerá unha visita guiada polas funcionalidades principais que nos podemos atopar instaladas nesta distribución. É perfecta para unha primeira toma de contacto.

Descargar Ubuntu agora ata é máis fácil que antes, só temos que entrar a Ubuntu Download e ofreceranos 3 posibilidades para descagar “Descargar e instalar” e descargámonos a ISO á que xa estamos afeitos, “Lanzar dun CD ou memoria USB” ou “Executalo con Windows”. En cada sección atoparémonos un completo tutorial paso a paso con todo o proceso para completar a instalación de Ubuntu de forma exitosa.
Se queredes descargar directamente a distribución podedes facelo desde os seguintes enlaces:
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Desktop amd64
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Desktop i386
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Alternate amd64
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Alternate i386
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Server amd64
Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot Server i386
Para finalizar déixovos o vídeo promocional que subiron á canle Celebrate Ubuntu de Youtube:
Relacionadas:
- Ubuntu 8.04 Beta xa disponible.
- Dispoñible para descargar Ubuntu 11.04 Natty Narwhal
- Ubuntu 8.04 LTS, disponible
- Ubuntu 9.04 NETBOOK Remix dispoñible o 23 de Abril
- Dispoñible Ubuntu 10.10 Maverick Meerkat beta
- Dispoñible para descargar Fedora 12
- Dispoñible Ubuntu 10.04 Lucid Lynx
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






