Linwind – De Windows a Linux

Edición de vídeo dende consola.

Escrito en: Servidor, Videos o día 7 Setembro 2009

Edición de video desde consola.

A edición de vídeo dende a consola aínda que non é moi usada polos usuarios si é moi necesario para programadores ou para traballar con vídeos por medio de ssh. Aínda que a algúns nunha primeira ollada pareceralle bastante complexo a verdade é que cuns poucos comandos podes cambiar o formato dun vídeo, engadirlle subtitulos, cambiar o audio …

Cando tes uns vídeos aloxados nalgún servidor descargalos e volvelos a subir é, simplemente, un coñazo, especialmente se temos  todo  o necesario dende un terminal tendo en conta a seguinte información:

  • ffmpeg permitiranos cambiar o formato dun vídeo a través da linea de comandos, tamén nos permitirá unha codificación en tempo real a traves dunha targeta de TV
  • ffserver é un servidor http servidor de streaming que permitirá transmisións multimedia en vivo
  • libavcodec , biblioteca que incorpora a gran maioría de codecs.
  • libavformat, outra biblioteca que contén os analizadores e xeradores de audio.

Para convertír un vídeo, o primeiro que faremos será instalar ffmpeg, para iso usaremos o comando súo apt-get install ffmpeg ou equivalentes segundo a distribución de GNU/Linux que usemos.

Unha vez instalado hai que ter en conta os datos que nos permitirán controlar a calidade do vídeo:

  • -b . bitrate do vídeo, por defecto 200kb/s
  • -ab . bitrate do audio, por defecto 64kb/s
  • -ar . velocidade de mostraxe, por defecto 44100 Hz
  • -s . tamaño do frame por defecto 160*128

Agora xa podemos probar a converter un vídeo, por pór un exemplo:

  • ffmpeg -i videoentrada.flv -ab 80 -ar 44100 -b 600 -s 640×320 videosalida.mpg

Tamén temos mencoder onde moitos comentan que é a navalla suíza dos vídeos, para instalala faise do mesmo xeito que ffmpeg, súo apt-get install mencoder ou equivalente  segundo a distribución.

Leer máis …

Clic aquí para ayuda.

Unha resposta to “Edición de vídeo dende consola.”

    • nmap dice:

      moi potente ffmpeg de feito hai algunhas interfaces graficas online que poden axudar, moi bo para preparar videos para youtube.


Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.