Linwind – De Windows a Linux

Emesene Crazy – MSN Messenger para Ubuntu 9.04

Escrito en: Linux, MSN, Software o día 26 Maio 2009

Emesene Crazy – MSN Messenger para Ubuntu 9.04

Cando acabas de pasar a Ubuntu e o teu cliente de mensaxería instantánea en Windows era Windows Live tes que buscar unha alternativa compatible con este para poder contactar cos teus contactos. O máis difícil non vai ser atopar un programa compatible, ao contrario, será decidir por un: amsn, moneky messenger, kopete, mercury, pidgin, Gajim, GSI, Spark … e o coñecido ata agora como Emesene, este último fora abandonado fai algún tempo pero agora volve nacer cunha versión mantida pola comunidade dándolle o nome de Emesene Crazy.

emesene crazy

Este novo Emesene Crazy vén con algunhas novidades así como tamén algunha mellora que seguro que vos gustan:

  • Non se bloquea a interfaz ao manter varias sesións simultaneas.
  • Compatible co novo Windows Live Messenger 2009.
  • Soporte para webcam.
  • Integración con Ubuntu Jaunty Jackalope.
  • Eliminados os bugs de que aparecian coas contas \msn.com

Para a súa instalación seguiremos os seguintes pasos:

Engadir os seguintes repositorios:

  • deb http://ppa.launchpad.net/bjfs/ppa/ubuntu jaunty main
  • deb-src http://ppa.launchpad.net/bjfs/ppa/ubuntu jaunty main

No terminal engadimos a key dos repos:

  • gpg –keyserver keyserver.ubuntu.com –recv 0CC1223EE2314809
  • gpg –export –armor 0CC1223EE2314809 | sudo apt-key add -

Para terminar instalámolo:

  • sudo apt-get update
  • sudo apt-get install emesene

Podes ler máis acerca de Emesene Crazy no artigo “Emesene Crazy en Ubuntu 9.04” de Marlex Systems

Clic aquí para ayuda.

Unha resposta to “Emesene Crazy – MSN Messenger para Ubuntu 9.04”

    • christian dice:

      solo para los que tengan el problema con emesene crazy al iniciar con el error> (Authentication failure)
      solo cambien su contrase;a a de ser muy larga y listo, a mi me funciono!


Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.