Linwind – De Windows a Linux

Eu , windows e linux.

Escrito en: Linux o día 28 Outubro 2007

Este tema xa e un tema que esta moi falado e gustaríame dar a miña opinión o respecto. Cada día que pasa estou mais encontra de usar Windows en primeiro lugar porque case nos ven imposto na sociedade, desde que vas a tenda e compras un ordenador que xa te ven co Windows pasando porque a maioría dos programas so os hai para este sistema operativo e chegando a que as empresas que fabrican hadware fan os drivers propietarios pa Windows e non pa os outros sistemas.

Son usuario de Linux xa desde fai batantes anos desde que empecei a experimentar cousas que non eran Windows , na actualidade uso Fedora aínda que Ubuntu tamén me gusta moito especialmente polo avance que fixeron para acercarse os usuarios. Antes Linux pódese dicir que era un pouco revoltoso pero agora atreveríame a asegurar que calquera usuario podria usalo igual ou mais facilmente que un Windows. Bata con ver a facilidade que ten ir agregar programas para velo, pero ahí tamén esta o problema, moitos usuarios non poden pasarse porque o seu programiña non vale pa Linux, a eses usuarios pódolles dicir que a gran parte de programas que usamos a diario calquera de nos ten o seu equivalente en linux.

Si a alguén isto non o convenceu , “Linux non é nada inferior a Windows” déixolle este vídeo comparando Windows vista con Ubuntu(Linux) para que non o dude:

Windows vs linux

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.