Linwind – De Windows a Linux

Exaile: Reproductor de música para Linux.

Escrito en: Linux, Software o día 2 Novembro 2008

Exaile: Reproductor de música para Linux.

Exaile é un magnifico reprodutor de música para Linux escrito en escrito en Python. Incorpora a manipulación de bibliotecas de música. Permite abrir en pestanas as listas de reprodución e ter varias listas abertas.

exaile

A forma máis cómoda para dispoñer de exaile actualizado en Ubuntu é engadindo os seus repositorios.

Para engadir os repositorios imos a Sistema -> Administración -> Orixes do software -> Software de terceiros e engadimos as seguintes lineas:

  • deb http://ppa.launchpad.net/exaile-devel/ubuntu intrepid main

Outra opción seria desde o terminal cos seguintes comandos:

  • sudo gedit /etc/apt/sources.list e engadimos ao final do documento que se nos abre:
    • deb http://ppa.launchpad.net/exaile-devel/ubuntu intrepid main
  • Gardamos e escribimos no terminal: sudo apt-get update

Unha vez feito un de estes dous pasos imos ao terminal e poñemos: sudo apt-get install exaile

Se non tes Ubuntu ou queres descargar o paquete *.deb podes mirar a guía da páxina oficcial.
Vía: SinWindows

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.