Linwind – De Windows a Linux

Falsificados procesadores Core i7

Escrito en: Hardware, Humor o día 7 Marzo 2010

Falsificados procesadores Core i7

Acabo de ler en the inquirier unha noticia completamente surrealista: detectáronse core i7 falsificados. Preguntarédesvos qué empresa é capaz de copiar a tecnoloxía de Intel e fabricala en serie? A resposta é simple: ningunha o fíxo. Trátase de procesadores “fake”, de coña. Resulta que Newegg enviou unha remesa de procesadores core i7 920 falsos aos seus clientes. Fisicamente parécense ao encapsulado dos i7, pero internamente están baleiros e obviamente non son funcionais.

Core i7

Segundo explicou a empresa trátase dunha serie de 300 procesadores de mostra , que por equivocación foron enviados coma se tratásese de procesadores normais. Xa se están pondo en contacto cos usuarios afectados e traballando na substitución dos i7 “de pau” polos de verdade. Dentro de cada caixa había un procesador falso, coas súas instrucións e selo falsificado, ata había faltas ortográficas na caixa. Ademais mandaban un disipador de arxila co adhesivo dun ventilador como os dos disipadores de serie. Miúda metedura de pata.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.