FTP dende linea de comandos.
Escrito en: Linux, Servidor o día 12 Setembro 2009
FTP desde linea de comandos.
Aínda que non é algo usado comunmente si é moi útil cando queremos facer unha copia dalgún ficheiro e non podemos botar man de scp. Póñovos unha situación bastante común, temos un dedicado e un aloxamento onde só temos acceso FTP que utilizaremos para facer copias de seguridade. Imaxinádesvos ter que descargarvos unha copia de varios GB e logo subila ao FTP todos os días… pois se non o sabias podemos usar FTP desde linea de comandos, polo que poderemos enviar esa copia conectándonos ao servidor que temos SSH e facer a copia por FTP.
Para lanzar o cliente FTP para linea de comandos poremos $ ftp. Unha vez que poñamos isto veremos que nos mostra na pantalla ftp> , podemos pór help ou ? para ver os comandos dispoñibles, os máis comúns serían os seguintes:
- open ip_servidor/dominio_servidor -> Para conectarnos ao servidor que queiramos, pediranos nome e pass.
- cd -> cambiar de directorio
- dir -> listar directorio
- get arquivo -> descargar un arquivo
- put arquivo -> subir arquivo
- bye -> saír
Póñovos un exemplo do procedemento na seguinte imaxe:

Relacionadas:
- Ver películas en liña gratis con PeliPlay
- Edición de vídeo dende consola.
- Alias en Linux, personaliza os teus comandos.
- Wine mellorou tanto que xa ten virus
- Conectar iPhone ou iPod Touch en Ubuntu
- Ncftp, un cliente ftp para terminal.
- FTP e editor de código en liña – PHPanywhere
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






