Linwind – De Windows a Linux

Google Buzz cheo de demandas

Escrito en: Google, Privacidad o día 20 Febreiro 2010

Google Buzz inundado a demandas

Creo que é por todos coñecido que os usuarios non deixaron pasar as formas en que se lanzou Google Buzz comprometendo de diversos xeitos a privacidade dos propios usuarios.

Casos soados como o da moza que estaba afastada do seu ex noivo por ser violento e por medio de Google buzz este conseguiu a dirección de onde vivía actualmente e a dun mozo que por culpa da activación automática conseguiu saber que a súa noiva enganáballe con outro (Neste caso saliu favorecido) son algúns casos entre moitos onde se deixou ver que en Google Buzz non existe a privacidade.

Ata o día de hoxe Google rectificou esta ferramenta para mellorar principalmente esta carencia pola que tiveron tantas protestas, estas solucións chegan tarde, para moitos o dano xa esta feito, déseslle a activar ou non Google Buzz os primeiros días metíase no teu correo e sen opción ningunha agregábache algúns dos contactos cos que máis actividade tiñas, se les o teu correo a diario non che quedaba outro remedio que activar Google Buzz para poder acceder, tan só os que len o seu correo moi de cando en vez poden haberse librado.

demandas google buzz

Ao meu parecer este foi un dos maiores erros da historia de Google, non a aplicación en se mesma que me parece bastante boa se non a forma de lanzar a aplicación ao mundo, e como é normal todos os erros traen consecuencias. Bufetes de avogados de San Francisco e Wáshington iniciaron unha demanda colectiva, con Eva Hibnick acusando a Google de infrinxir todo tipo leis en especial a «Computer Fraud and Abuse Act», o Goberno de Canadá está presionando ao buscador, o centro de información de privacidade electronica de EEUU solicitou unha investigación contra Buzz e aparte disto denuncias de particulares.

Como era de esperar, moitas denuncias para un dos maiores erros de Google.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.