Linwind – De Windows a Linux

Google Maps integra un acortador de URLs

Escrito en: Google, Novas o día 12 Xullo 2010

Google Maps integra un acortador de URLs

Con Twitter xurdiu un pequeno ecosistema de acortadores de URLs debido ao límite de 140 carácteres dos tweets. Moitos desapareceron e outros seguen sendo usados, ata hai clientes de escritorio de Twitter que integran estes acortadores de forma automática e personalizable. Pero as grandes compañías non tardaron en sacar os seus propios acortadores, como youtu.be ou goo.gl. O último en subirse ao carro (e o que máis o necesitaba debido á lonxitude das URLs resultantes) foi Google Maps, que ademais o integra directamente na súa intefaz.
En realidade trátase dunha extensión de goo.gl, dando unha URL resultante do estilo http://goo.gl/maps/abcd, sendo moito máis fácil de compartir e menos engorroso, xa non só para twitter senón ata para mandar por email. Está en fase beta, e debes activala a través do menú de Google Labs en Google Maps, arriba á dereita. Unha vez activo ao darlle á icona de enlazar devólvenos a URL acurtada directamente. Podes probalo se tes unha conta de Google en Google Maps.

Acortador urls google maps

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.