Linwind – De Windows a Linux

Google Wave – Unificando servizos.

Escrito en: Google o día 29 Maio 2009

Google Wave – Unificando servicios.

Google Wave pódese dicir que cambiará a Web como a vemos agora mesmo, pódese dicir que unificanse todos os servizos nun único, Email, Mensaxería Intantanea, Chat, colaboración en linea todo nun, é difícil de imaxinar como funcionará isto realmente, de momento non o podemos probar polo que nos podemos quedar cunha idea que lin no blog de Eliax:

Imaxinen un programa avanzado de emails como Google GMail, no cal ven as “conversacións” pasadas, que como é natural con emails ocorren ao estilo walkie-talkie: Alguén envía un email, e despois alguén escribe outro email minutos ou horas despois, e recibimos ese email. Con Wave, á parte de ler o email, pois inmediatamente empezar a escribir unha resposta, e mentres as escribes a outra persoa poderá ver o que estás a escribir, coma se fose un programa de chateo, sen ter que esperar a que lle envíes” o email. é dicir, isto leva o concepto de comunicación “en tempo real” a todo un novo nivel.

Realmente impresionante a idea verdade? Pois non queda aí, mentres escribes un corrector ortográfico estará a revisar as túas faltas ortográficas e se o queres noutro idioma tamén o irá traducindo en tempo real que che permitirá falar con persoas de todo o mundo sen coñecer mais que o teu idioma nativo.

Google naceu como buscador e así é que dentro desta aplicación non podía faltar, permitirache buscar en tempo real todo o que estea a acontecer nas túas conversacións ou emails.

google-wave

Como podes ver é difícil de imaxinar unha ferramenta que cambiará a idea de Internet que coñecemos actualmente. O comentado é só o principio, haberá moito máis !.

Podes coñecer máis acerca desta aplicación no artigo “Google Wave, a próxima gran tecnoloxía na Web?

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.