Linwind – De Windows a Linux

Instala Windows en VirtualBox de Ubuntu (Linux).

Escrito en: Máquinas virtuais o día 28 Agosto 2008

Instala Windows en VirtualBox de Ubuntu (Linux).

As máquinas virtuales son moi interesantes para dispoñer de varios sistemas operativos nuna mesmo equipo e poder traballar ou facer probas sen ter que andar reiniciando o PC. Para ser máis concretos, unha máquina virtual é un software que emula a un equipo e pode executar programas coma se fose un equipo real.

Os programas que executas nas máquinas virtuales están limitados polos recursos proporcionados polas maquinas , en principio indicados por nós mesmos, é moi útil especialmente para probar novo software e abrir ficheros dubidosos con posibles virus xa que non van afectar á maquina real. Se a chafas creas outra e listo.

Neste caso póñovos uns vídeos realizados por min onde instalo Windows XP nunha maquina virtual, vou utilizar VirtualBox. Podedes ver como se instala VirtualBox en Ubuntu clicando aquí ou descargalo para Windows ou en paquete .deb aquí. Como veredes moi sinxelo:

Se preferides ver a grabación do escritorio completo clic aquí. Como proba do seu correcto funcionamento aquí vedes o arranque do equipo:

Algúns me preguntaron se realmente era Ubuntu o S.O. que usaba, creo que se clicais encima desta imaxe darédesvos conta de que si o é:

escritorio ubuntu

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.