Linwind – De Windows a Linux

Instalar e descargar VLC 1.0

Escrito en: Utilidades, Videos o día 8 Xullo 2009

Instalar y descargar VLC 1.0

Xa está dispoñible a versión 1.0 de VLC, logo de anos de desenvolvemento xa podemos gozar tanto en Linux( Ubuntu, Debian, Fedora, Suse, …) como en Windows e Mac OS do mellor reproductor de todos os tempos, un reproductor que nunca che deixa tirado, dá igual o formato da película ou canción, o feito de que os codecs sexan independentes dos que teñas instalados no equipo permítelle reproducir de todo cunha independencia absoluta do sistema operativo.

Nesta nova versión VLC conseguiu reducir o consumo de memoria e mellorar o rendemento xeral da aplicación, tamén se pensou na alta definición incorporando algúns codecs como AES3, Dolby Digital Plus, TrueHD, Blu-Ray Linear PCM, Real Video 3.0 and 4.0, … nesta última versión atoparémosnos diversas melloras que converten a VLC no reproductor por excelencia e que todos deberiamos ter nas nosas casas.

instalar y descargar vlc

Podedes descargar VLC independientemente do sistema operativo que usedes, é gratuito e é de código aberto.

Para a súa instalación en Ubuntu faremos o seguinte:

Engadimos aos repositorios o seguinte:

  • deb http://ppa.launchpad.net/c-korn/vlc/ubuntu jaunty main
  • deb-src http://ppa.launchpad.net/c-korn/vlc/ubuntu jaunty main

Para editar os repositorios poñeremos nun terminal:

  • sudo gedit /etc/apt/sources.list

Agora pegamos as dúas primeiras lineas ao final do arquivo que nos acaba de abrir, gardamos e executamos no terminal o seguinte:

  • sudo apt-key adv –recv-keys –keyserver keyserver.ubuntu.com 7613768D

Unha vez feito isto facemos un update:

  • sudo apt-get update

E finalemente instalamos VLC:

  • sudo apt-get install vlc vlc-plugin-esd mozilla-plugin-vlc

Na páxina oficial tamén atopases como se instala no resto de sistemas operativos.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.