Linwind – De Windows a Linux

Instalar Virtualbox en Ubuntu 8.04 ‘Hardy Heron’

Escrito en: Linux o día 1 Xullo 2008

Instalar Virtualbox en Ubuntu 8.04 ‘Hardy Heron’

Grazas a VirtualBox é posible instalar sistemas operativos adicionais(Máquinas virtuais) dentro doutro sistema operativo neste caso Ubuntu 8.04, cada un co seu contorno virtual. Poderíanse instalar diferentes distribucións de Linux nun VirtualBox instalado en Windows XP ou viceversa. é multiplataforma polo que se pode instalar en Windows, Linux e Mac

Instalar Virtualbox en Ubuntu 8.04 'Hardy Heron'

Instalación:

1º Instalar os paquetes esenciais para o módulo do kernel de Virtualbox.

sudo apt-get install build-essential linux-headers-`uname -r`

2º Descargamos e instalamos Virtualbox

para i386: $ wget http://www.virtualbox.org/download/1.5.6/virtualbox_1.5.6-28266_Ubuntu_hardy_i386.deb ; sudo dpkg -i virtualbox_1.5.6-28266_Ubuntu_hardy_i386.deb

para amd64: $ wget http://www.virtualbox.org/download/1.5.6/virtualbox_1.5.6-28266_Ubuntu_hardy_amd64.deb ; sudo dpkg -i virtualbox_1.5.6-28266_Ubuntu_hardy_amd64.deb

3º Para poder utilizar VirtualBox, teremos que pór o noso usuario no grupo vboxusers.Para iso imos a: Sistema > Administración > Usuarios e grupos Pulsamos no botón Xestionar grupos e seleccionamos vboxusers , unha vez aí apertamos o botón Propiedades, seleccionamos o noso usuario e pechamos. Agora xa podes utilizar Virtualbox.

Se queres que che funcionen os USB podes seguir esta guía Howto: Install VirtualBox in Ubuntu Hardy Heron with USB Support in 5 easy Steps!

Vía: Mundotronics

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.