Linwind – De Windows a Linux

Knoppix 6.0 liberado.

Escrito en: Linux o día 28 Xaneiro 2009

Knoppix 6.0 liberado.

Knopix liberou a súa versión 6.0 da que hai que destacar que foi reconstruída dende cero baseándose en Debian/Lenny.Esta versión incorpora un novo procedemento de inicio con detección de hardware altamente paralelizado. Tamén se nos mostra como novidade “Audio Desktop Reference Implementation” que é un sistema de lectura verbal dos menús para persoas con problemas de vista. As novas versións de paquetes como OpenOffice e Firefox xa veñen por defecto nesta distribución.

knoppix

Cambios respecto doutras versións podemos atopar a nova contorna de escritorio LXDE moito máis simple que Gnome ou KDE e cun consumo de recursos moi baixo comparado cos anteriores.

Características máis importantes:

    1. Alta compatibilidade coa súa base de Debian
    2. Execución de múltiples tarefas na inicialización do sistema en paralelo, converten a esta nunha distribución moito máis rápida.
    3. Menos software preinstalado.
    4. Configuración da rede a cargo de NetworkManager con nm-applet no modo de gráficos, e en modo texto (como debian /etc/network/interfaces pero sen ifup / ifdown).

Descarga Knoppix 6.0 LiveCD (ISO)

Vía: Knopper

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.