Linwind – De Windows a Linux

Lubuntu 10.04 Lucid Lynx

Escrito en: Linux o día 4 Maio 2010

Lubuntu 10.04 Lucid Lynx

Xa está dispoñible a versión final de lubuntu 10.04 Lucid Lynx. lubuntu (de lightweight Ubuntu) é unha versión máis lixeira da distribución de Canonical. Para reducir as necesidades de hardware, usa como escritorio  LXDE, moito máis lixeiro que Gnome (Ubuntu) ou KDE (Kubuntu), ademais doutras optimizacións no uso de memoria e recursos. Ideal para máquinas pouco potentes nas que necesitamos un sistema operativo funcional e á última.

Outra principal diferenza é o uso de Chromium (a versión para desarrolladores de Chrome en Linux) no canto de Firefox, debido a que este último peca de facer un uso alto dos recursos da máquina. O resto é puro Ubuntu Lucid Lynx.

lubuntu

Podes descargalo desde a web oficial no seguinte enlace: Descargar lubuntu 10.04 Lucide Lynx

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.