Linwind – De Windows a Linux

Mancomun un portal libre para Galegos

Escrito en: Linux, webs o día 5 Setembro 2008

Mancomun el portal libre para Gallegos

Se queres estar ao día das últimas novidades do Software Libre en Galiza ou atopar Software Libre traducido ao galego a túa páxina é Mancomun, grazas a esta páxina podemos dispoñer dun computador libre e coas ferramentas que usamos máis comúnmente en galego,entre as máis coñecidas podemos atopar OpenOffice, Mozilla Thunderbird, aMSN , Audacity , aMule … Aparte destas aplicacións dispoñemos de paquetes web como WordPress, PHPNuke, Drupal, Jomola que nos facilitarán a creación dunha web ou blog en galego do xeito máis simple e cómodo.

mancomun

Mancomun non só dános aplicacións en galego, tamén nos ofrece todas as novidades referentes ao software libre, centrado en Galiza, pero tamén as máis relevantes do resto do mundo.

Dentro dá web dispoñedes de diversidad de contidos como unha pequena wiki hasta un tradutor de arquivos .po moi útil para traducir aplicacións, o que máis interesante pareceume é o espazo colaborativo pensado para a creación e mantemento de software chamado Forxa, un servizo aberto destinado ao desenvolvemento de Software Libre en Galiza, así como a súa documentación en galego.

Recoméndovos que entredes na páxina oficial.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.