Linwind – De Windows a Linux

Manual VIM, un editor necesario pero engorroso.

Escrito en: Linux o día 14 Xaneiro 2009

Manual VIM, un editor necesario pero engorroso.

VIM é un editor que seguramente o usaches se traballas con algún servidor ou utilizas moito o terminal, VIM ten a peculiaridade de que está practicamente en todas as distribucións de GNU/Linux por defecto, coñecer este editor abriranos moitas portas á hora de traballar con calquera equipo, en especial servidores que utilicen GNU/Linux.

Manual edito vim

Que lle pasa a VIM … pois é moi engorroso … se nunca o usaches, non o intentes sen mirar a seguinte pequena lista de comandos:

Comando Función
Insert Comezar a edición.
:q Saír do editor sen gardar.
:wq! Saír do editor gardando sen pedir confirmación.
:w texto.txt Garda en texto.txt e segues editando.
:e texto.txt Pecha o ficheiro e abre texto.txt.

Esta lista é o principal , para introducir eses comandos debes pulsar a tecla ESC. Conforme entras en Vim estarás en modo edición, para editar calquera ficheiro só tes que pór $ vim /ruta/ficher-a-editar.txt

Como é lóxico permítenos editar ficheiros con calquera extensión pero se queremos que nos remarque o código do programa con cores deberemos instalar a seguinte extensión $ apt-get install vim-common e escribir no Vim :syntax on.

Para Cortar, Copiar e Pegar debemos pulsar ESC e V , unha vez en modo visual usaremos C para cortar E para Copiar e P para pegar.

Ata aquí, o que nos fai falta para realizar unha edición simple con vim, se queredes saber máis opcións podedes mirarvos a seguinte guía en PDF que teño en favoritos do meu navegador desde fai tempo. GUÍA VIM

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.