Linwind – De Windows a Linux

MarkerCSS, Framework CSS.

Escrito en: Diseño, Programación o día 25 Xaneiro 2010

MarkerCSS, Framework CSS.

Aínda que en moitas ocasións a maquetación CSS parece un traballo sinxelo a realidade é bastante diferente, require de moito tempo e de fixarse en todos os detalles se se queren facer as cousas ben.

MarkerCSS é un magnífico framework que nos simplificará moito a tarefa de maquetación en CSS, o que se fai é escribir directamente no código unhas clases cos valores preasignados. O que hai que facer para traballar con este framework é pór na cabeceira entre o <head> e o </head> todos os estilos que poderás descargar desde aquí, unha vez feito isto só terás que ir chamando ás distintas clases para ir dando forma, están declarados os valores máis comúns.

maquetación css

Aínda que eu sigo preferindo a forma habitual de maquetar sempre é unha ferramenta que lle pode interesar a algúns, a min pareceme que limita o deseño aos valores que están declarados, ao seu favor ten que é de código aberto polo que poderás adaptalo ás túas necesidades facilmente, tamén dicir que é rápido, flexible e segue os estándares CSS.

Páxina oficial: MarkerCSS
Vía: Wwwhatsnew

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.