Melloras e novas características en Zoho Mail
Escrito en: Novas, webs o día 10 Xullo 2010
Mejoras y nuevas características en Zoho Mail
Zoho mail é un servidor gratuíto de correo electrónico que segue moi de cerca os pasos de Gmail intentando ofrecer un servizo similar ao de Google, coa desvantaxe de contar con moitos menos usuarios. Con todo ofrece un servizo de calidade, sobre todo orientado a empresas, e con moitas das ferramentas das que dispón Google. Recentemente acaba de engadir unha serie de melloras que facilitan a organización dos nosos correos engadindo opcións extra aos tres tipos de organizacións: a de cartafois, a de etiquetas e a de mensaxes.
Coa organización de cartafois poderemos picar e arrastrar as mesmas e deixalas onde queiramos, para así poder organizalas de forma rápida e intuitiva.
En canto ás etiquetas podemos cambiarlles a cor e elixir se mostramos o nome completo ou unha abreviatura da mesma.
As mensaxes agora pódense ordenar por remitente ou por asunto dentro dunha mesma conversación.
Son pequenas melloras pero que facilitan enormemente a organización do correo, sobre todo para aqueles que reciben inxentes cantidades de mensaxes ao día e teñen que ordenalos por relevancia. Se non tes unha conta podes probalo no seguinte enlace: Zoho mail.

Vía Genbeta.
Relacionadas:
- ZOHO – A tua suite de ofimática Online.
- My Opera Mail, novo servizo de email
- Adobe lanza AIR 2
- Knowledge Tree, xestor e editor de documentos na nube
- Dispoñible para descargar Firefox 7.0
- Dispoñible OpenOffice 3.2
- KDE 4.3 con Air xa dispoñible.
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






