Linwind – De Windows a Linux

Novidades de WordPress 3.0

Escrito en: Novas, Utilidades, webs o día 18 Xuño 2010

Novedades de WordPress 3.0

Onte anunciaba que WordPress, o CMS máis coñecido para crear o teu propio blog, sacara a nova versión, a 3.0 ( WordPress 3.0 dispoñible ) , agora que xa puiden probalo un pouco mellor así que vou pasar a comentarvos algunhas das novidades que podemos atoparnos nesta nova versión.

En WordPress 3.0 a novidade que máis deu que falar foi a fusión con WordPress MU pero teño que dicir que non lle vexo o achegue que lle vai ofrecer á maioría de usuarios, na miña opinión estaba mellor como  dúas ferramentas diferentes, pero non se preocupen hai moitas máis novidades como poden ser:

wordpress

  • No proceso de instalación poderás escoller o teu usuario e contraseña, esquecerémonos do usuario admin que viña por defecto e que era un un dos puntos deviles na seguridade de WordPress, sempre se recomendou quitar os permisos e crear un usuario novo, agora xa non fará falta.
  • No panel de administración atoparémonos cun novo apartado onde poderemos actualizar calquera parte do noso blog, ata os propios themes que usemos, ollo con actualizar isto xa que se borrarán os cambios que realizases nela.
  • Poderemos crear e configurar menús xerárquicos desde o propio panel de administración.
  • Atoparémonos cun novo deseño por defecto, unha versión pouco máis agradable onde os grises escuros pasan a ser claros e os textos brancos pasan a ser grises escuros, pero en canto ao resto aseméllase bastante ao que xa coñeciamos.
  • Poderás personalizar o fondo dos persoais a maiores da personalización das cabeceiras que xa venia implementado en WordPress 2.9

Como podedes ver as novidades que nos atoparemos nesta nova versión de WordPress son moitas, podedes ver o vídeo que publicaron para coñecer un pouco máis:

Página oficial: WordPress

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.