Linwind – De Windows a Linux

O fundador de Apple, Steve Jobs, falece aos 56 anos

Escrito en: Novas o día 6 Outubro 2011

El fundador de Apple, Steve Jobs, fallece a los 56 años

Fíxose un ruído silencioso por todo o mundo e especialmente na rede polo falecemento de Steve Jobs, ata na portada de Google pódese ler Steve Jobs1955 – 2011 cun enlace á portada de Apple , trátase sen ningunha dúbida dun dos sucesos que máis impacto causou no sector tecnolóxico e ata no mundo enteiro.

Seguramente a maioría dos que leades esta noticia xa vos decatastes deste suceso antes de que publicase isto pero me gustaría deixar un pequeno recordo deste visionario do Marketing e xenio do Deseño e do Software.

Steve Jobs

Deixounos un dos mellores ou o mellor e sempre o demostrou da mellor forma, con cifras, non sei se volveremos ter un novo Jobs no futuro, o que se está claro é que deixa un oco que non se poderá substituír.

Leamos o que leamos non vemos outra cousa que mensaxes de agradecemento, déixovos cun dos mellores discursos de Steve Jobs, o que deu na Universidade de Stanford:

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.