Linwind – De Windows a Linux

O kernel de Linux valorado en 1000 millóns de euros.

Escrito en: Linux o día 27 Febreiro 2010

El kernel de Linux valorado en 1000 millones de euros

Máis exactamente en 1025 millóns. Este é o prezo estimado do último kernel de Linux, 2.6.30. A esta conclusión chegou a Universidade de Oviedo tras un estudo que prepararon para a conferencia de Concord 2010. É unha aproximación feita a partir de datos recompilados, xa que non se sabe realmente canto traballo implicou o kernel de Linux ata a data. Parten dos 14 anos que ten, e dun grupo de traballo estimado en 1000 desarrolladores. No .ppt adxunto co informe pódese ver como se vai incrementando o custo anualmente ata chegar aos 1025 millóns de euros actuais.

linux

Ao ver estas cifras un dáse de conta da sorte que temos por dispor dun kernel como o de Linux de forma gratuíta e libre, xa que somos moitos os que gozamos das distintas distribucións Linux, sen as cales o mundo da informática non sería como o coñecemos.

Descargar o PPT co informe.

Vía Slashdot

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.