Linwind – De Windows a Linux

OnLive, xogar sen consola.

Escrito en: Xogos o día 28 Marzo 2009

OnLive, jugar sin consola.

OnLive é un servizo presentado na Game Developers Convention. A súa intención é a comercialización dos últimos videoxogos sen necesidade de ter unha videoconsola ou un computador, o que necesita é unha conexión a Internet cun ping baixo (en España imos ter que esperar a que a fibra óptica chegue ás nosas casas). Trátase da virtualización dos xogos aos que accederemos a través dun módem ofrecido por OnLive.

OnLive pide unha conexión de 1.5 megabits por segundo para unha resolución baixa ou 5 para a alta. Algúns pesos pesados dos videoxogos  como Electronic Arts, Ubisoft, Take Two e THQ xa están interesados.

Parece moi bonito pero todo ten a súa parte mala , o que recibes é un vídeo comprimido o que provoca que a calidade da mesma sexa peor que executándose en local e como xa comentara, o ping ten que ser moi baixo xa que pola contra notaremos certo atraso cando pulsemos algun control.

Web oficial: Onlive

Información de Blogs Expansion

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.