Linwind – De Windows a Linux

Optimizar Firefox

Escrito en: Firefox, Navegadores o día 21 Xaneiro 2010

Optimizar Firefox

Firefox, o navegador usado por unha maioría dos usuarios que nos len a diario, ten unha única pega e é que adoita consumir demasiados recursos, se queremos minimizar este problema e gozar de todo o potencial do que para minu é o mellor navegador do mercado, podemos botar man dalgunhas extensións como son por exemplo:

Memory Fox: Monitorizará constantemente a actividade de Firefox e libera a RAM innecesaria cada vez que cambiamos ou pechamos as pestanas.

SpeedyFox: Soluciona os problemas de fragmentación das bases de datos de Firefox, compactando os arquivos .sqlite correspondentes.

optimiza firefox

Ademais destas dúas extensións tamén podemos axustar a configuración de Firefox, algo que adoita mellorar o rendemento, especialmente en equipos con poucos recursos é desactivar o Prefetch, para isto pomos no noso navegador about:config e buscamos network.prefetch-next e cambiamos o seu valor a false , unha vez que melloramos o seu rendemento tamén podemos mellorar a velocidade de navegación escribindo outra vez about:config e cambiariamos o seguinte:

network.http.pipelining true
network.http.pipelining.maxrequests 30
network.http.max-connections 96
network.http.max-connections-per-server 32
network.http.max-persistent-connections-per-server 8
network.http.pipelining.ssl true
network.http.proxy.pipelining true

Pódese botar man de moitos outros que atopardes en Google con tan só pór Optimizar Firefox.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.