Linwind – De Windows a Linux

Optimizar imaxe para publicar nunha Web

Escrito en: Utilidades o día 18 Agosto 2009

Optimizar imagen para publicar en una Web

As imaxes ocupan gran parte das portadas das nosas páxinas web e se non temos en conta o seu peso podemos chegar a obter páxinas web realmente pesadas. Unha imaxe que sae directamente dunha cámara de fotos pesa tranquilamente máis de 2 MB, se queremos optimizar esta imaxe para unha páxina recoméndovos usar un plugin para GIMP chamado save for web.

Save for web permíteche buscar un equilibrio entre a calidade que necesitas e o tamaño da imaxe. Cuns poucos botóns poderás ir observando o tamaño e previsualizando como queda a imaxe. Para probar o plugin utilicei unha imaxe da miña cámara de fotos de 5 MB e logo de axustala con esta aplicación pasou a ocupar 35kB, os pasos que seguín foron 4: redimensionar a 600px de ancho, baixarlle un pouco a calidade, subirlle o suavizado e marcar StripEXIF.

guardar para la web

Se vos gustou o plugin podeis entrar en Gimp e descargalo, tambien atoparás as instrucións para a súa instalación.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.