Linwind – De Windows a Linux

Optimizar o arranque en GNU Linux

Escrito en: Linux o día 13 Setembro 2009

Optimizar el arranque en GNU Linux

Sempre buscamos que o arranque do noso equipo sexa o máis rápido posible, cando tes présa e necesitas copiar algo que tes gardado no ordenador o tempo de aceso fáisenos eterno. En GNU Linux, aínda que adoita ser moito máis rápido que outros S.O. , podemos modificar algúns detalles para diminuír este tempo uns segundos.

En primeiro lugar comentarvos que temos unha ferramenta chamada bootchart que nos dará datos concretos sobre o que realiza o sistema operativo cando arrinca, grazas a isto podemos saber se algún proceso tarda moito e se non é necesario podemos eliminalo.

optimizar linux

Agora xa que temos eliminados os procesos lentos e que non nos fan falta, podemos paralelizar o arranque dos distintos procesos editando en Debian e distribucións derivadas o fichero /etc/init.d/rc/ modificando a linea CONCURRENCY=none por CONCURRENCY=shell .

Se temos un disco duro lento será un dos motivos que máis inflúa na velocidade de arranque polo que canto máis rápido mellor, tamén podemos usar un sistema de ficheros distinto como JFS desenvolvido por IBM e axudan moito na velocidade de arranque.

Finalmente podemos cambiar o tempo de espera para seleccionar o sistema de arranque no Grub no fichero /boot/grub/menu.lst

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.