Linwind – De Windows a Linux

Parallels Workstation 2.2 con licenza gratis.

Escrito en: Máquinas virtuais o día 3 Xaneiro 2009

Parallels Workstation 2.2 con licencia gratis.

Parallels Workstation é un sistema que che permite crear maquinas virtuais, de forma similar a VMWare, só que este ten unha vantaxe, introdúcese nunha capa intermedia entre o hardware e o sistema operativo hóspede. Esta vantaxe logra que a máquina virtual sexa moito máis estable e o rendemento aumente considerablemente. Pero Parallels Workstation non queda na vantaxe devandita, utiliza a tecnoloxía hypervisión que aproveita ao máximo os últimos modelos de procesadores sacados por intel que veñen cunha tecnoloxía de simulación incorporada.

parallels workstation

Esta aplicación podemos executala baixo Linux , Windows e MacOS e permítenos crear máquinas virtuais de Windows e calquera distribución de Linux.

Se queres conseguir a licenza gratuíta entra aquí: Parallels GetKey
Unha vez solicitada a licenza xa che aparecerán as diferentes descargas segundo a túa S.O.

Vía: Gabuntu

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.