Linwind – De Windows a Linux

Patente de Kaspersky dun antivirus mediante hardware

Escrito en: Seguridade o día 19 Febreiro 2010

Patente de Kaspersky de un antivirus mediante hardware

Kaspersky Lab debeu chegar á conclusión de que para estar ben protexido e non consumir moitos recursos nun equipo non é suficiente cunha aplicación optimizada así que sacaron unha nova patente en Estados Unidos para integrar unha solución adicional mediante hardware nos pcs. Trataríase dun dispositivo con procesador e memoria RAM que intentará bloquear a escritura de determinados datos no disco duro e así conseguir unha protección eficiente sen consumo de recursos.

Creo que é unha idea interesante especialmente polo aforro en recursos e a protección adicional que nos ofrece, ademas o dispositivo actualizaríase de forma automática, tería bases de virus propias e podería traballar combinado cun software instalado no sistema operativo.

Antivirus Hardware

Non me estrañaría que nuns anos os PCs que compras nos centros comerciais en lugar de vir cun ano de subscrición gratuíta veñan con este modulo de hardware xa instalado.

Vía | Genbeta
Máis Información | Kapersky

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.