Linwind – De Windows a Linux

Pendrive Reminder – Evita esquecer o pendrive!

Escrito en: Utilidades, Windows o día 12 Xuño 2009

Pendrive Reminder – Evita olvidar el pendrive!

Hoxe atopei unha das aplicacións máis útiles que vin nunca, unha aplicación que realmente deberiamos ter todos instalada, ou polo menos os despistados como eu. Pendrive Reminder recordarache quitar o Pendrive ao apagar ou pechar sesión no PC.

Recordo de estar en clase e esquecerme de levarme o pendrive varias veces, quizá polo despistado que son pero a verdade é que esta ferramenta, aínda que de momento só  é para Windows, vai ser de moita utilidade a todos os que teñen moitas cousas na cabeza e sempre se esquecen o seu Pendrive.

Pendrive Reminder

Con ese sinxelo panel que vedes na imaxe poderedes configurar cando queirades que salgan os avisos recordatorios.

Pendrive Reminder 2

Descargar Pendrive Reminder

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.