Linwind – De Windows a Linux

Personalizar GRUB 2 de Ubuntu 9.10

Escrito en: Linux o día 3 Novembro 2009

Personalizar GRUB 2 de Ubuntu 9.10

Se es dos que xa ten o novo xestor de arranque que vén con Ubuntu 9.10 Karmic Koala, saberás que é moito máis personalizable que o anterior e é por iso que vos vou a dar unhas pautas para poder traballar co.

En primeiro lugar o que faremos será esquecernos do menu.lst que atopabamos no cartafol /boot/grub/ agora pásase a chamar grub.cfg e non nos vai facer falta tocalo para editalo xa que o que editaremos son os elementos novos que atopamos nese cartafol.

O que máis nos chama a atención desta nova versión é a posibilidade de integrar un fondo ao arranque, para iso instalaremos grub2-splashimages escribindo o seguinte comando no terminal: sudo apt-get install grub2-splashimages

Unha vez instalado teremos que elixir fondo, para iso dirixímonos ao cartafol /usr/share/images/grub por contorna gráfica para poder seleccionar a imaxe que máis nos gusta. Unha vez elixido temos que cambialo no GRUB2, para iso escribiremos o seguinte comando: sudo gedit /etc/grub.d/05_debian_theme . Abrirállenos un ficheiro con gedit onde buscaremos a seguinte linea for i in {/boot/grub,/usr/share/images/desktop-basee}/moreblue-orbit-grub.{png,tga} ; do e substituiremos o nome recalcado polo nome da imaxe que máis che gustase. Finalmente faremos copiaremos as imagenes ao cartafol de grub escribindo no terminal sudo cp /usr/share/images/grub/*.tga /boot/grub/

Outra opción da que dispomos é a de poder modificar as cores, iso poderemos cambialo buscando nese mesmo ficheiro o seguinte:

if background_image `make_system_path_relative_to_its_root ${bg}` ; then
set cor_normal=black/black
set cor_highlight=magenta/black
else

O que faremos será cambiar esas cores polos que queiramos co seu nome en ínguas. Algo que se me esquecía e que é moi importante é que podes crear as túas propias imaxes con Gimp gardando como *.tga e de tamaño 640*480.

Clic aquí para ayuda.

Unha resposta to “Personalizar GRUB 2 de Ubuntu 9.10”

    • Federico dice:

      hola amigo soy federico de argentina y llevo vastante tiempo usando linux pero soy un usuario amateur xq no le puedo dedicar mucho tiempo al sistema por los estudios, hace poco instale ubuntu 9.10 de cero, tengo el win 7, y la instalacion de ubuntu me instalo el grub 1.97 beta4, no se por que? si teoricamente viene con el grub 2, bueno a todo esto intento personalizar el grub con los pasos q vos publicas, me acepta todos los comandos pero a la hora de arrancar el grub no pasa nada, si me puedes dar una mano, gracias


Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.