Linwind – De Windows a Linux

Pobibilidade dun dominio galego

Escrito en: Novas o día 3 Novembro 2007

Estaba eu ollando a paxina www.anosaterra.com cando encontrei unha noticia que me chamou a atención a posibilidade dun dominio para tódolos galegos e galegas un dominio que identifica a nosa lingua e a nosa cultura, aquí tendes a nova :

Un anuncio do ministro de Industria, José Montilla, podería abrir a posibilidade de que Galiza conte con dominio propio na internet. A declaración de que podería admitir o .cat permitiría reclamar o .gz, único dominio que lle serviría ao noso país, xa que .ga ou gl. xa están ocupados.

As declaracións de Montilla indican que xestionaría o recoñecemento do dominio catalán ante o ICANN, o organismo internacional encargado de outorgalos. En principio, o Ministerio valorou como posibilidade que figurase como sub dominio, antes de .es ou, mellor, antes de .eu, xa que se vai a aprobar este dominio europeo. Agora, Montilla indica que a petición será para que o dominio sexa completo, .cat a secas.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.