Linwind – De Windows a Linux

Presentación de iPhone OS 4

Escrito en: Teléfonos Moviles o día 8 Abril 2010

Presentación de iPhone OS 4

A última versión do iPhone OS (v3) leva na rúa xa dez meses. Esta versión do sistema operativo do iPhone, trouxo con sigo, a parte de melloras no funcionamento do iPhone, algunhas novidades como SpotLight, MMS, Tether, etc. Apple a presentado a nova versión do iPhone OS, nunha preview para desarrolladores, consigo trae numerosos engadidos. O que máis gustou é a posibilidade multitarea do iPhone OS 4, que foi a principal novidade das 7 que nos trae esta versión: cartafois, contas de correo unificadas, 5x de zoom dixital (non se eu como se verá pero bo…) etc.

Todo foi optimizado para que ademais a batería dure máis, xa que a posibilidade de executar varias aplicacións simultáneas fai necesaria unha optimización dos recursos para que o iPhone non quede sen batería ao primeiro de vez. O principal sentido da multitarea é o soporte de VoIp, xa que con isto permitiranos ter Skype aberto en segundo plano para poder recibir chamadas entrantes mentres realizamos outras tarefas co iPhone.

iPhone OS 4

Vía MobileCrunch

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.