Linwind – De Windows a Linux

¿Quén é Ken Thompson?

Escrito en: ¿Quén é? o día 21 Decembro 2008

¿Quién es Ken Thompson?

Ken thompsonKenneth Lane Thompson, coñecido como Ken Thompson, é un xenio das ciencias de computación, naceu en Nova Orlans o 4 de febreiro de 1943. En 1965 se diplomou en Ciencias e ao ano seguinte consegue o Master de Enxeñería Electrica e Ciencias da Computación na Universidade de California.

Sobre os anos 60 Ken Thompson traballaba xunto Dennis Ritchie co Sistema Operativo Multics á vez que creaba a linguaxe Bon, tamén estaba escribindo o código dun xogo Space Travel na máquina (GE-635) pero resultaba moi lento, tanto que cada partida custaba ao redor de 75 dólares, polo que se pon a reescribilo en ensamblador. A experiencia de adquirida coa creación deste xogo e o proxecto Multics foron a clave para que comezase a creación dun novo sistema operativo bautizado como UNICS, posteriormente cambiado por UNIX. Thompson tamén é o creador da linguaxe B , o antecesor a C, creado por Dennis Ritchie.

Outro feito importante no medio de moitos é a creación o 2 de setembro de 1992, xunto a Rob Pike, o código de carácteres UTF-8.

Thompson termina retirándose dos laboratorios Bell para traballar en Entrisphere ata o ano 2006. Actualmente traballa para Google.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.