Linwind – De Windows a Linux

¿Quén é Remi Gaillard?

Escrito en: Humor, ¿Quén é? o día 27 Febreiro 2010

¿Quién es Remi Gaillard?

Seguro que moitos o coñecedes sen sabelo. Remi Gaillard é un humorista francés que se deu a coñecer mundialmente a través de Internet. Caracterízase por gastar bromas, de cuestionable bo gusto, a xente da rúa. A aparición máis famosa de Remi Gaillard foi a final da Copa de Francia de 2002, na que celebrou a vitoria co resto de xogadores e chegou a saudar ao que era o presidente da República Francesa naquel momento, Jacques Chirac.

En moitos dos seus vídeos pódeselle ver xogando cun balón a metelo ata nun furgón policial (xendarmes incluídos, un dos cales salgue correndo detrás de Remi). Desde xogar a Mario Kart polas rúas, pasando por disfrazarse de soldado da Segunda Guerra Mundial simulando o desembarco de Normandía nunha lancha inchable, ata ir a un campo de golf caracterizado de Neil Amstrong, Remi sempre sorprende coas súas aloucadas ideas. No seguinte vídeo aparece unha recompilación de 10 anos dos seus vídeos máis famosos, desde 1999 a 2009.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.