Linwind – De Windows a Linux

Recuperar o GRUB de Ubuntu despois de instalar Windows.

Escrito en: Linux, Windows o día 7 Xaneiro 2009

Recuperar el GRUB de Ubuntu después de instalar Windows.

Se queres reinstalar Windows e tenias Widows e Ubuntu ou tes só Ubuntu e creaches unha partición para Windows, vaiche ocorrer que cando instales Windows de novo, non poderás acceder á partición de Ubuntu. A forma máis sinxela de recuperar o GRUB de Ubuntu é introducindo o cd e usando a versión LiveCD. Unha vez que se nos axa iniciado o que faremos será o seguinte:

1º Abrimos un terminal:

  • Aplicacións > Accesorios > Terminal

2º Entramos en modo grup:

  • sudo grub

3º Buscamos a partición de arranque

  • find /boot/grub/stage1

4º Copiamos o que nos devolve e substituímolo no seguinte comando:

  • root (hdx,x)

5º Instalámolo:

  • setup (hd0)

6º Saímos:

  • quit

Unha vez feito isto atoparémonos con outro problema, só poderemos acceder á partición de Ubuntu, para engadir a partición de Windows ao grub realizariamos o seguinte:

Entremos en Ubuntu,  Instalamos GParted ( súo apt-get install gparted ) e miramos en Gparted, cal é o nome da partición de Windows  (hda1, sda1, sdb1,hdb1 …), se termina na A será hd(0,x), en B será hd(1,x) e así sucesivamente, agora substituímos a X polo número que leva a palabra MENOS UN, polo que se é hda1  quedaríanos hd(0,0) se fose sdb3 quedaríanos hd(1,2). Na maioría dos casos será hd(0,0) xa que seguramente na primeira instalación, instalastes Windows de primeiro na primeira partición.

Unha vez que xa sabemos cal é a partición o substituímos no seguinte texto:

title        Mocosoft Windows
root        (hd0,0)
savedefault
makeactive
chainloader    +1

Para editar o Grub executas o seguinte comando no terminal:

sudo gedit /boot/grub/menu.lst

Buscamos a linea ## ## End Default Options ## e pegamos debaixo o texto. Reiniciamos e xa deberiamos poder entrar na nosa partición de Windows, se non fose así podes entrar en Ubuntu e modificar o grub probando con outra partición

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.