Linwind – De Windows a Linux

Rumores: Repositorios en windows 7.

Escrito en: Windows o día 25 Xaneiro 2009

Rumores: Repositorios en windows 7.

Microsoft aprende do software libre, digo isto porque ultimamente está implementando no seu futuro sistema operativo, Windows 7 , cousas que os que acostumamos a usar linux adoitamos usar. Unha das cousas que me gusta de Linux son os seus repositorios e Microsoft realizou unha enquisa entre as persoas que utilizaron Windows 7 beta e ”dá a entender” que poderían crear un repositorio central para descargar e actualizar as aplicacións.

En concreto a enquisa lista un número de extras potenciais como a posibilidade de filtrar aplicacións externas segundo a puntuación das análises dos mesmos.  Non é cuestión de sacar conclusións precipitadas, pero como dixo Punto Libre»Cando o río soa … auga leva»

Microsoft non dixo nada respecto diso nin hai indicacións que sexan reais, pero se se confirmase que é certo, teño que dicir que é un acerto por parte de Microsoft.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.