Linwind – De Windows a Linux

Sentenza dita que o P2P é legal en España

Escrito en: Novas, P2P o día 14 Marzo 2010

Sentencia dicta que el P2P es legal en España

Jesús Guerra Calderón dono de Elrincondejesus venceu á Sociedade Xeral de Autores e Editores, unha sentenza ao seu favor afirma que as páxinas web de enlaces son legais e reafirma a legalidade das propias redes de intercambio P2P en España.

A demanda realizada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores solicitando unha indemnización e o peche da páxina web foi desestimada polo maxistrado Raúl N. García Orejudo onde se considera que o sistema de links ou enlaces non supón nin distribución, nin reprodución, nin comunicación pública e Elrincondejesus.com non se almacenaban ningún dos arquivos que enlaza, ademais o titular non percibe beneficio económico algún polo que non hai animo de lucro.

O xuíz afirma ademais: “as redes P2P, como meras redes de transmisión de datos entre particulares usuarios de Internet, non vulneran dereito algún protexido pola Lei de Propiedade Intelectual” .

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.