Linwind – De Windows a Linux

Sube un arquivo a varios servidores a un tempo.

Escrito en: Descargas, Servidor, Utilidades o día 28 Febreiro 2010

Sube un arquivo a varios servidores a un tempo

Loade2all é un servizo web que nos permitirá subir un arquivo aos servidores máis comúns (Rapidshare, Megaupload, Hotfile?) e facer «mirrors» automaticamente nos que queiramos. É dicir, permítenos subir o mesmo arquivo a todos os servidores que queiramos da lista que nos propón, dunha soa vez, aforrándonos o tempo de subilo a cada un de forma independente. Só temos que seleccionar o arquivo que queremos subir, os servidores que queremos usar e automaticamente encargarase de subilo a cada un deles. O único fallo (pequeno) é que só deixa seleccionar 5 servidores de cada vez, aínda que subíndoo a só 3 sería suficiente para a maioría de casos.

Se un arquivo supera o tamaño máximo dun servidor, párteo automaticamente anacos do tamaño máximo e sóbeo en .rar. No caso de RapidShare permite facer login coa nosa conta para acumular puntos polas subidas. Realmente moi completo. Facer mirrors dunha subida sempre é bo, xa que a maioría destes servizos teñen un límite de descarga ao día e se un usuario esgotou dito límite nun dos servidores, ou se un servidor esta caído ou eliminaron o arquivo (algúns só almacenan o arquivo durante un curto período de tempo) o usuario poderá descargalo de todos os xeitos.

Web de Load2All

Vía SoftHoy

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.