Symphony, un CMS open source moi flexible.
Escrito en: Scripts o día 21 Xaneiro 2010
Symphony, un CMS open source muy flexible.
Symphony é un CMS open source creado con PHP, baseado en XSLT (estándar da organización W3C para representar documentos XML) e que utiliza base de datos MySQL, estes tres puntos dannos unha aplicación totalmente moldeable e perfecta para calquera programador que queira agregar e quitar funcións co menor esforzo.
O potencial deste CMS esta na súa flexibilidade pero a maiores hai que dicir que conta cunha ampla biblioteca de extensións, é realmente rápido, a instalación é tan sinxela como a dun WordPress e ten un panel de administración perfectamente organizado, cun editor moi completo e un estilo minimalista, todo isto convérteo nunha contorna amigable para calquera tipo de usuario.

Recoméndolle a todos probar esta ferramenta se están pensando montar unha páxina web, tan só son 200 ficheiros que terás que subir a unha conta FTP e despois encher un formulario cos datos da web. Os requisitos para o servidor son PHP 5.1.16, MySQL 4.1, Procesador LibXSLT e o módulo XSL (LibXML) , ZLib e mod_rewrite.
Symphony incluíndo a descarga e a subida de ficheiros por ftp non leva máis de dous minutos así que ou hai escusa para non probalo. Descargar Symphony
Relacionadas:
- Directorio de software de código aberto.
- Open Movie Editor – Editor de vídeos open source.
- Captcha para formulario Open Source
- A mellor forma de explicar o software libre en dúas imaxes
- Rstat.us, rede de microblogging open source
- MediaCore, CMS open source para crear portais de vídeos
- Symbian xa é Open Source
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






