Linwind – De Windows a Linux

Testify, Spotify para Linux.

Escrito en: Linux, Software o día 25 Febreiro 2010

Testify, Spotify para Linux.

Xa eran horas de que saíse un cliente en condicións de Spotify para Linux. Chámase Testify e no único que se diferencia de Spotify é na interfaz. Fai uso da base de datos e a API de Spotify e funciona igual que este. Pero hai unha pega (sempre hai unha pega): hai que ser usuario Premiun de Spotify para poder usar Testify.

Os usuarios de Linux estanse buscando a vida por outros lados (Wine para usar Spotify ou directamente pásanse a outros servizos como GrooveShark) e con este tipo de movementos farán que se no seu día sacan un Spotify 100% funcional para Linux.

De todos os xeitos se es un dos poucos usuarios de Spotify Premium, podes instalar Testify en Ubuntu con estes sinxelos pasos. Abrimos un terminal e executamos as tres liñas seguintes:

  • wget http://downloads.sourceforge.net/project/xtestify/xtestify/current/testify-20100209.tar.gz
  • sudo tar zxvf testify-*.tar.gz -C /
  • sudo /usr/local/bin/testify
Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.